A viticultura en Monterrei ten cambiado moito dende que hai 16 anos se creou nesta comarca a Denominación de Orixe.
Das tradicionais formas en vaso pasouse a unha condución en espaller na maioría das plantacións habidas dende entón. Se ben a formación en vaso é moi positiva de cara á calidade da uva, os problemas en canto á mecanización derivados dela teñen levado ás cepas baixo á condución de arames, co obxectivo fundamental de facilitar as operacións entre líneas (traballo da terra, aplicación de productos fitosanitarios…), de xeito que o sistema de poda tivo que adoptar outras formas.
As dúas formas de poda alta máis frecuentemente adoptadas son as de “vara-cotón” (Guyot) e o “cordón” (doble ou simple), no que os virotes, cun ou dous ollos normalmente, distribúense ó longo da madeira e, por tanto, do espaller de xeito regular.
Galería de fotos sobre da poda:
Poda 3º ano cordón Poda 4º ano cordón
Poda vara-cotón máis de catro anos. A, B, C,
Etiquetas: D.O.Monterrei, Fernando Cabero, poda da vide, Poda de la vid, Vinos de Monterrei
Deja una respuesta