PREGÓN DA IV FEIRA DE VIÑOS DE MONTERREI

Autor :  CARLOS CANEIRO

Carlos Caneiro,  escritor

Carlos Caneiro, escritor

Miñas donas e meus señores, nada pode resultar máis atractivo, nada máis honroso e satisfactorio que amar e ser amado no lugar que, en verdade, amas. Permítanme afirmar que sinto esa virtude nesta hora e nesta Praza Maior, sitio da nosa infancia e do noso recreo. Territorio onde camiñaban os mozos desta vila e os mozos do arredor, que lucían as súas mellores galas nas tardes sen chuvia dos domingos: con sabor a cine Oterino, Puga ou Buenos Aires. Permítanme afirmar a honra que sinto nesta patria, Verín, terra do sur arraiana, promiscua, de contrabando e historia, de imprenta e nobreza, de sabedoría e alcurnia. Terra onde reina a monarquía da sensibilidade, o talento, o xenio creador, a bohemia, os boleros en sol maior, as noites de versos e os versos envoltos de noite e lúa. Pregoar o noso viño un ano máis, reitero, é unha honra. No meu caso o galardón chega incrementado por estar a falar no lugar que amo e quero amar, este Verín asolagado no abrente dun perpetuo mencer verde, fértil, de río e castelo, de vides e viño. Teño dito que esta, e non outra, é a gran terra do viño e alá onde vou falo con altivez dos nosos caldos. Nada me agrada máis que presumir de país e Galicia ten mil faces das que sentirse orgulloso. Nada agrada máis que gabarse desta comarca.    LEER MÁS.

Anuncios

Etiquetas: , , ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: